O colexio Torre de Lemos está composto por dous edificios: un máis antigo de pranta cuadrangular que conta cun claustro central e outro de estructura máis moderna con tres alturas e pranta baixa.

No primeiro sitúase a zona administrativa do colexio e os despachos de dirección, xefatura de estudos e orientación ademais de portería,  secretaría, a cociña, os dous comedores cos que conta o colexio, as galerías de xogo interiores, a sala de visitas, dous salóns de usos múltiples ou salóns de actos, a aula de música, o laboratorio de ciencias, o gabinete psicopedagóxico e cinco aulas ocupadas actualmente por alumnos de Educación Primaria. Tamén se atopa na pranta baixa a antiga capela do centro reconvertida nun espazo de usos múltiples.

O edificio novo alberga o ximnasio que ocupa a pranta baixa, a biblioteca e, dentro desta, a radio escolar, dúas aulas multimedia, a sala de profesores e doce aulas máis: catro de Educación Infantil, catro de Primaria e outras catro de Secundaria.

Comparte la Galería

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...