Todos os centros disporán de puntos físicos e virtuais que garantirán o anonimato na denuncia de casos de acoso escolar. Serán caixas de correo cunha imaxe común e cor naranxa nas que os alumnos poderán comunicar ou denunciar as situacións de acoso que estén padecendo eles ou outros compañeiros. Esas comunicacións serán anónimas. Esta actuación forma parte do plan da Xunta de loitar contra o acoso escolar nas escolas e complétase con actividades formativas para docentes, alumnado e familias sobre acoso e ciberacoso, con especial atención ao uso de Internet e dos dispositivos electrónicos por parte dos rapaces.
CUESTIONARIO PARA DENUNCIAR UN CASO DE ACOSO ESCOLAR
Cubre o cuestionario e entrégao no colexio (punto laranxa), a calquera dos teus mestres, en dirección, secretaría, a través dun compañeiro/a, etc. por correo electrónico a través de Educamos.
Os datos personais facilitados voluntariamente por vostede, a través do presente formulario web serán tratados, por Fundación Educativa Torre de Lemos como responsable do tratamento, coa finalidade de atender a súa solicitude, consulta, queixa ou suxerencia, sen que se produzan comunicacións ou cesións de datos e conservados durante os prazos necesarios para atender a súa solicitude. Pode vostede exercer os dereitos de acceso, rectificación ou supresión dos seus datos, dirixíndose a cpr.fundacion.educativa.torre.lemos@edu.xunta.es. Para máis información pode consultar a nosa Política de Privacidade en http://www.torredelemos.com/
