Grupo de Acción Social

O G.A.S.  é o GRUPO DE ACCIÓN SOCIAL do Colexio Torre de Lemos.

Coordinado por un grupo de docentes,  nace coa intención de levar a cabo accións solidarias e axudar a colectivos que o necesiten dentro do noso entorno máis próximo. Ten como obxectivo principal a concienciación dos alumnos e alumnas na necesidade de axudar aos demais, na procura de  cambiar a situación dos máis desfavorecidos coa premisa de que outro mundo é posible, así como de poñer en práctica os valores sociais e humanos fundamentais cos que traballan a diario.

Coa colaboración de todos os integrantes da comunidade escolar (familias, alumnos, profesores, amigos, institucións, etc.) realizaremos diferentes accións sociais a lo longo do curso. O alumnado terá una participación activa y da súa implicación dependerá o éxito do programa.

Realizaremos diversas actividades de recaudación de fondos que doaremos a distintas asociacións e colectivos da cidade: Ruliños, Agora, Asociación de enfermos de Alzheimer, Prodeme, etc., pero tamén haberá momentos nos que acompañaremos e levaremos ledicia aos maiores que viven nas residencias; roupa, xoguetes e alimentos a tantas familias  que o precisan, etc.

¡Nosotros cremos que outro mundo é posible!

¿E ti?