Departamento de Orientación

Responsables

  • María Vázquez Álvarez, coordinadora do Departamento, orientadora, psicóloga e especialista en Pedagoxía Terapéutica.
  • Clara Rodríguez Fernández, mestra especialista en Audición e Linguaxe.
  • Adrián Vázquez Rivera mestre e psicopedagogo.
     

Horario de atención a pais: calquera día da semana, previa petición de hora.

Contacto: poden contactar co Departamento de Orientación a través da axenda escolar dos alumnos, a través da axenda do Departamento que hai en Portería, por teléfono (982 400 350) ou na seguinte dirección de e-mail Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. : DO@torredelemos.es

 


Ámbitos de intervención

Cos alumnos

Co obxecto de lograr unha adecuada atención á diversidade, lévanse a cabo actuacións tales como:

  • Avaliacións psicopedagóxicas individuais do alumnado.
  • Elaboración e actualización de informes para os alumnos con necesidade específica de apoio educativo.
  • Atención individualizada a alumnos con dificultades de aprendizaxe, retraso madurativo, problemas emocionais, trastornos de conducta, déficit de atención e hiperactividade (TDAH), etc.
  • Coordinación con axentes externos: Equipos de orientación, psicólogos, Asuntos Sociais, Menores, etc.
  • Hábitos de estudio e planificación (3º ciclo de primaria e ESO).
  • Programa de orientación vocacional en Secundaria.
  • Planificación e posta en marcha de grupos de alumnado estranxeiro para a adquisición da linguaxe e integración na dinámica xeral do centro.
  • Elaboración de programas de habilidades sociais para aqueles alumnos que o precisen.


Co profesorado

  • Asesoramento, colaboración, presentación de recursos e instrumentos na elaboración das programacións no que respecta ás medidas de atención á diversidade.
  • Coordinación dos grupos de Apoio e Reforzo Educativo en horario escolar.
  • Seguimiento de alumnos con dificultades específicas, coordinando pautas de actuación.
  • Deseño do Plan de Orientación Académico e Profesional.
  • Deseño de actuacións cara á elaboración dun bo consello orientador nos casos en que é prescriptito.
  • Coordinación na realización de adaptacións curriculares.
  • Asesoramiento psicopedagóxico nas reunións de avaliación.
  • Elaboración e apoio no desenvolvemento do Plan de Acción Titorial (PAT) coa realización de titorías específicas en distintos niveis.


Con las familias

  • Entrevistas individuais: seguimento específico da evolución do alumno, información sobre resultados de exploración psicopedagóxica, etc.
  • Entrevistas conxuntas cos titores.
  • Reunións xerais sobre distintos aspectos como: información sobre probas psicopedagóxicas, orientación vocacional, etc.