- O Colexio
- Ven a coñecernos
- Oferta educativa
- Servizos
- Blogs
- Venta de libros
- EDUCAMOS
O servizo de custodia do Colexio torre de Lemos comeza ás 8.00 h. para atender as necesidades das familias que madrugan máis. É un espazo compartido por alumnos de EI e EP que se alarga ata a entrada dos alumnos a clase e resulta gratuito para as familias.
Pola tarde, a custodia comeza ás 15:30h só para os alumnos que se quedan ao comedor, e ás 16:30h para todos os demais. Remata ás 18:30h e é gratuita. Os alumnos fan distintas actividades: obradoiros de idiomas, baile, cine, predeporte, reciclaxe, etc. Os alumnos de EP e ESO adicarán este tempo a estudiar e facer os deberes, contando co apoio e asesoramento constante dun mestre do colexio.
De 18:30h a 19:30h hai un tramo final de custodia que, neste caso, é de pago.
Os horarios de entrada ás custodias de tarde:
- 16,30h
- 17,30h
- 18,30h
Os horarios de saída/recollida dos alumnos:
- 16,30h para os alumnos que queden ao comedor.
- 17,30h
- 18,30h
- 19,30h
Para garantir o bo servicio das mesmas; non se poderá entrar nin saír das clases de custodia fóra dos horarios sinalados anteriormente.