Educación Secundaria

INNOVACIÓN NA ETAPA DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

 
 

1. APRENDIZAXE DE IDIOMAS 

 
Os alumnos de Secundaria continúan coa aprendizaxe intensiva de idiomas a través dos seguintes proxectos educativos: 
 
 

Plan de Seccións Bilingües 

Nesta etapa hai dúas seccións bilingües: Cultura Clásica e Tecnoloxía. Ambas materias se imparten en castelán e inglés nunha proporción de 50% en castelán e 50% en inglés.
 
 

Escola de Idiomas

En horario extraescolar pódese seguir reforzando a aprendizaxe do inglés a través da preparación dos exames da Universidade de Cambridge, que tamén se fai no colexio. O obxectivo é lograr que o maior número de alumnos saia do centro co nivel de competencia no dominio do idioma estranxeiro necesario para proseguir os seus estudios con éxito e comodidade.
 

Francés, segunda lingua estranxeira en Secundaria

Os alumnos de Eso estudian francés como segunda lingua estranxeira.
 
 

2. PROGRAMAS DE ESTIMULACIÓN DA LECTURA

 
A través do Plan Lector e a Biblioteca escolar fomentamos a lectura diaria dos alumnos nos catro idiomas cos que traballan habitualmente: galego, castelán, inglés e francés.
 
 

3.  TRABALLAMOS OS VALORES

 

“O protagonista eres ti”

Asumimos a responsabilidade de dar unha formación integral a cada un dos nosos alumnos nas distintas etapas do seu desenvolvemento, desde o respeto ás crenzas de cada un, poñendo o máximo empeño no traballo dos valores humanos e na creación de hábitos de estudio, traballo e convivencia para unha excelente formación académica e persoal, acorde coas demandas da sociedade actual.
 
Valores
 
Consideramos irrenunciables os nosos valores éticos e profesionales que nos identifican como unha institución educativa seria e coherente caracterizada por:
  • Respeto a todos os membros da comunidade educativa.
  • Compromiso á hora de desenvolver  as nosas funcións.
  • Responsabilidad no traballo diario.
  • Confianza na misión encomendada.
  • Solidaridade e colaboración.
  • Trato familiar e cordial.
  • Traballo en equipo dentro da escola e coas familias.
  • Adicación e esforzo.
  • Espírito crítico.
  • Gusto polo traballo ben feito.
  • Innovación.
  • Acción titorial: seguimento académico e atención personalizada dos alumnos.
  • Comunicación permanente, profesional e detallada coas familias.
  • Alto compromiso do profesorado: profesionalidade, experiencia, dinamismo e proximidade aos alumnos.
 
 

NORMAS DE CONVIVENCIA PARA A ETAPA DE SECUNDARIA

 
Para o bo funcionamento da etapa, propoñemos unha serie de observacións que consideramos importantes para o desenvolvemento do noso labor educativo:
                       
  • Informar por escrito a través da axenda escolar ou ben en Portería/secretaría (coa data do día do acontecemento e o nome do neno/a), cando o alumno/a  altere o seu ritmo habitual (uso do comedor,  actividades extraescolares, hora de saída, etc.).
  • Non está permitido o acceso dos pais ás aulas ou aos corredores das clases en horario escolar.
  • Os pais deben ler con atención as circulares, non será recollida ningunha fóra do prazo establecido.
  • O equipamento escolar (chándal, mandilón, pantalón curto, gorra e uniforme) está á venda no colexio, pódese reservar a través da secretaría ou en portería.
  • As ausencias superiores a un 10%, sen xustificar, teñen que ser notificadas á Consellería.  
 
Normas de aula:
 
  • Temos que respetar aos demais.
  • Coidaremos e respectaremos o noso material, o do demais e o do centro.
  • É preciso que nas clases xeremos un clima axeitado de orde, respecto, traballo e convivencia.
  • Non podemos comer e beber a non ser no espazo asignado para o recreo.
  • Soamente sairemos ao baño cando o profesor/a nos de permiso.
  • Non sairemos ao corredor e teremos a porta da aula aberta nos cambios da clase.
  • Seremos puntuais en todas as clases.
  • Teremos que traer o material necesario para cada materia.
  • Non traeremos aparellos electrónicos ao colexio.
  • Asistiremos ao colexio correctamente vestidos e aseados.
  • Comprometémonos a levar a información da casa ao colexio e viceversa.
  • Acataremos as instruccións de todos os membros da comunidade educativa.
  • Teremos dereito ao estudio en boas condicións ambientais.