- O Colexio
- Ven a coñecernos
- Oferta educativa
- Servizos
- Blogs
- Venta de libros
- EDUCAMOS
INNOVACIÓN NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. APRENDIZAXE DE IDIOMAS
Un dos aspectos máis destacados na oferta educativa do centro para a etapa de Primaria ten que ver co estudio e aprendizaxe das linguas estranxeiras, especialmente do inglés a través de dous proxectos con características ben definidas:
- Plan de Seccións Bilingües.
- Ensino Plurilingüe.
O Plan de Seccións Bilingües foi aprobado pola Consellería de
Educación para o centro en setembro de 2008. Logo de experimentar varias ampliacións, na actualidade afecta aos alumnos de 1º,2º,3º, 4º, 5º e 6º. Estes alumnos reciben en inglés e galego o ensino correspondente ás materias de CN, CS (Coñecemento do Medio), EF e Plástica nunha proporción de 50% en galego e 50% en inglés.
Ensino Plurilingüe
Os alumnos de 1º e 2º de EP reciben na actualidade ensino plurilingüe, é dicir, 1/3 do seu horario lectivo en inglés, 1/3 en castelán e 1/3 en galego.
En inglés impártense as materias de CN, CS, EF e Plástica, que anteriormente eran seccións bilingües. A elas hai que engadir a materia de lingua estranxeira (inglés) que se suma á aposta pola aprendizaxe deste idioma dentro das aulas. Nos próximos anos, as seccións bilingües irán desaparecendo progresivamente a medida que o ensino plurilingüe se vaia implantando nos restantes cursos da etapa.
2. PROGRAMAS DE ESTIMULACIÓN DA LECTURA
Maratón Lector
Competición lectora a nivel interno na que participan os alumn@s de 2º e 3º ciclos.
Proxecto de lectura Ranopla
É un proxecto educativo en forma de páxina web adicado a incentivar a lectura nos alumnos do ensino primario. Estes len un libro na escola, na casa ou na biblioteca e entran na páxina web do programa para respostar a unha serie de preguntas interactivas sobre o contido do libro lido.
Unha vez finalizado ese apartado, poden seguir no de “Comentarios” no que o profesor de lingua do colexio, se o considera oportuno, pode esixir ao alumno que escriba unha opinión, un resumo, un final alternativo, ... do libro que leu ou calquera outra cuestión que considere oportuna dependendo da idade e do nivel lector de cada alumno.
Así mesmo, os alumnos dispoñen dun medio directo de comunicación co seu profesor mediante o correo electrónico interno de Ranopla.
4. AULAS KIDSMART
En 1º ciclo trallamos coas novas tecnoloxías seguindo o proxecto Kidsmart de IBM.
5. PROXECTO DE ACTIVACIÓN DA INTELIXENCIA, PAI
O que se pretende con este proxecto é espertar unha maneira concreta de razoar nos nen@s nas primeiras etapas da súa vida, co fin de aprender a resolver problemas cos coñecementos que xa teñen, é dicir, que cada alumno aprenda a aprender.
Trátase dun instrumento ao servizo dos procesos de ensino-aprendizaxe de todas as áreas da Educación Primaria con obxectivos claros:
- Exercitar e desenvolver as habilidades e as aptitudes que están na base de calquera aprendizaxe.
- Axudar a desenvolver nos nenos a capacidade para xestionar os coñecementos previos.
- Potenciar unha actitude de mellora da percepción, a atención, a memoria, o pensamento, a linguaxe, a estructuración de espacio e tempo, a psicomotricidade, a expresión artística e as competências sociais.
6. TRABALLAMOS OS VALORES
“O protagonista eres ti”
Asumimos a responsabilidade de dar unha formación integral a cada un dos nosos alumnos nas distintas etapas do seu desenvolvemento, desde o respeto ás crenzas de cada un, poñendo o máximo empeño no traballo dos valores humanos e na creación de hábitos de estudio, traballo e convivencia para unha excelente formación académica e persoal, acorde coas demandas da sociedade actual.
Valores
Consideramos irrenunciables os nosos valores éticos e profesionales que nos identifican como unha institución educativa seria e coherente caracterizada por:
- Respeto a todos os membros da comunidade educativa.
- Compromiso á hora de desenvolver as nosas funcións.
- Responsabilidad no traballo diario.
- Confianza na misión encomendada.
- Solidaridade e colaboración.
- Trato familiar e cordial.
- Traballo en equipo dentro da escola e coas familias.
- Adicación e esforzo.
- Espírito crítico.
- Gusto polo traballo ben feito.
- Innovación.
- Acción titorial: seguimento académico e atención personalizada dos alumnos.
- Comunicación permanente, profesional e detallada coas familias.
- Alto compromiso do profesorado: profesionalidade, experiencia, dinamismo e proximidade aos alumnos.
NORMAS DE CONVIVENCIA PARA A ETAPA NA AULA
Para o bo funcionamento da etapa, propoñemos unha serie de observacións que consideramos importantes para o desenvolvemento do noso labor educativo:
-
Informar por escrito a través da axenda escolar ou ben en Portería /Secretaría (coa data do día do acontecemento e o nome do neno/a), cando o alumno/a altere o seu ritmo habitual no colexio (uso do comedor, merenda, actividades extraescolares, persoa que o recolle, etc.).
-
A roupa que o neno/a trae ao colexio, debe ter o nome do alumno escrito na etiqueta interior. No mandilón, o nome deberase colocar na parte dianteira.
-
Os nenos/as deben vir ao colexio correctamente uniformados, excepto nos meses de xuño e setembro, que virán con roupa de rúa todos os días.
-
O chándal utilizarase os días de EF e para as excursións.
-
Se un alumno chega tarde ao colexio, será conducido polo persoal de Portería ata a súa aula.
-
Non está permitido o acceso dos pais ás aulas ou aos corredores das clases en horario escolar.
-
Nas celebracións de santos ou aniversarios as invitacións ás festas débense facer directamente a través das familias, nunca a través dos nenos na aula.
-
Os alumnos/as que o desexen, poderán traer algo para merendar durante o recreo . Tamén poderán adquirir a merenda no colexio.
-
Os alumnos/as non deben traer xoguetes nin cousas de valor, xa que o colexio non se fará responsable delas en caso de perda.
-
Os pais deben ler con atención as circulares, non será recollida ningunha fóra do prazo establecido.
-
O equipamento escolar (chándal, mandilón, pantalón curto, gorra e uniforme) está á venda no colexio, pódese reservar a través da secretaría ou en portería.
-
Os neno/as non poden acudir ao centro enfermos, e é moi importante lembrar que teñen que pasar vintecatro horas sen febre nin antipiréticos antes de asistir o colexio.
-
A administración de medicamentos farase baixo prescrición médica. Non se administrará ningún tipo de medicamento a un alumno/a que non conte con esa prescrición.
-
As ausencias superiores a un 10%, sen xustificar, teñen que ser notificadas á Consellería.
NORMAS NA AULA
- Os alumnos permanecerán correctamente sentados no sitio asignado polo profesor.
- Non se pode interromper nin falar sen respectar a quenda de palabra e haberá que levantar a man.
- Non se poden enviar notas, lanzar obxectos nin levantarse sen permiso.
- Os alumnos manterán a clase limpa e ordenada: non está permitido mascar goma de mascar, comer nin beber dentro da aula.
- O alumno será responsable do coidado ou deterioro do material que pertenza ao colexio, tendo que repoñelo e/ou pagalo se é necesario.
- Os alumnos aproveitarán o recreo para ir ao baño. Durante a clase só se permitirá ir en caso de forza maior.
- É obrigatorio traer o material necesario para cada materia.
- É obrigatorio chegar puntuais ás clases.