Secretaría

Na Secretaría ocúpanse da xestión de documentos académicos e dos arquivos do centro. Todos os certificados e demais documentación académica expídese en Secretaría ( matriculacións, altas, baixas, certificados de estudios, expedientes académicos, títulos, cobro de recibos,comedor, transporte, actividades extraescolares, etc.).

Horario de atención ao público: de luns a mércores de 9:30h a 13:45h e de 16:00h  a 18:30h. e de xoves a venres de 09:30h a 13:45h e de 16:00h a 17:30h.
Mes de agosto pechado.

Contacto:
Teléfono: 982 400 350.
e-mail: torredelemossecretaria@hotmail.com

 

 

¡¡¡AVISO !!!     

As altas e baixas nas actividades extraescolares que oferta o centro tramítanse a través da secretaría.
Non se reembolsará ningunha mensualidade polas baixas non comunicadas á persoa encargada da mesma.
 
 
SEGURO ESCOLAR:
 
O seguro escolar de accidentes do alumnado (voluntario) está concertado con MAPFRE.
En caso de accidente escolar, é preciso cubrir na secretaría do colexio o parte de accidentes correspondente antes de acudir aos centros médicos concertados, que son:
 
Clínica Torresalud en Monforte de Lemos: Teléfono 982 40 08 94
Clínica Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo: Teléfono 982 28 40 40
 
O seguro escolar non se fai cargo  cando se acode a un centro médico diferente dos sinalados anteriormente.
 
Para máis información, podedes descargar aquí as condicións particulares.
 
 
 
As condicións do seguro escolar para os maiores de 15 anos veñen recollidas no seguinte enlace:
 
 
                                                    
 
                                  
                         PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024:
 

NORMATIVA REGULADORA

Ligazóns (galego):

 

 

Enlaces (castellano):

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2023-2024:

 

1ª FASE:

Reserva de praza no centro de adscrición mediante presentación do Anexo I (en galego) o Anexo I (en castellano): 15 xaneiro-4 de febreiro, ambos os dous incluídos.

Publicación de postos escolares vacantes: Antes do 1 de marzo.

A información sobre os postos escolares vacantes está dispoñible no taboleiro de anuncios do centro.

 

2ª FASE:

Presentación de solicitudes de admisión (Anexo II en galego)  (Anexo II en castelán): 1-20 de marzo (ambos incluídos)

A solicitude terá que ser asinada por ambos proxenitores ( excepto nos casos de violencia de xénero).

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á finalización do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Publicación das listas provisionais (admitidos e non admitidos): 25 de abril  

Reclamación das listaxes provisionais: Nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación

Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio

Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido por parte da comisión de escolarización

Asignación de solicitudes presentadas fóra de prazo

 

3º FASE:

Formalización de matrícula en Ed. Infantil e Primaria: 20 a 30 de xuño. (Anexo III-1)

Formalización de matrícula en ESO: 23 de xuño ao 7 de xullo (Anexo III-2)

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 

1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2. Alumnado que ten garantida a permanencia nun centro educativo porque xa está cursando estudos nel no presente ano: no caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo por escrito  ao centro no que cursa os seus estudos actualmente, así como a súa renuncia formal á praza que lle correspondía nel, antes do 1 de marzo .

3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto con posterioridade, deberá comunicar a renuncia á  primeira reserva antes do 28 de febreiro.

4. As solicitudes de admisión presentaranse mediante formulario normalizado, que estará dispoñible para as familias nos seguintes lugares:

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

 

O prazo para presentar as solicitudes de admisión extenderase entre os días  1 e 20 de marzo, de cada ano, ambos incluídos.

No caso de que houbera maior número de solicitudes que de prazas ofertadas, a documentación acreditativa dos criterios de baremo presentaranse  nos 10 días hábiles seguintes contados a partir do día seguinte á finalización do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

As solicitudes presentadas fóra de prazo perderán prioridade con respecto ás presentadas dentro do prazo establecido, sendo enviadas polo centro á comisión de escolarización.

 

INEFICACIA DA SOLICITUDE

 

A solicitude de praza nun centro educativo será ineficaz:

1. Cando se presente máis dunha solicitude para as mesmas ensinanzas nun mesmo centro ou en centros diferentes. Esta infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que puideran corresponderlle.

2. Cando se comprobe a falsidade da documentación achegada.

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO

 

    A área de influencia do centro corresponde a todo o Concello de Monforte de Lemos.

 

CRITERIOS PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

Nos centros docentes con número suficiente de prazas serán admitidos todos os alumnos que o soliciten, sempre que cumpran os requisitos académicos e de idade que se esixen.

No caso de non existir prazas suficientes, terán prioridade:

  • Aqueles que teñan irmáns matriculados no centro.
  • A proximidade do domicilio familiar ou do lugar de traballo dos pais.
  • A renda per cápita da unidade familiar.
  • Persoa proxenitora/titora/acolledora traballadora do centro.
  • A condición de familia numerosa.
  • Alumnado nacido de parto múltiple.
  • A condición de familia monoparental.
  • A concorrencia de discapacidade no alumno/a, persona proxenitora, titora ou acolledora, novo cónxugue ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora, irmán ou irmá.
  • Por discapacidade dos membros computables da unidade familiar.
  • Por condición de vítima de violencia de xénero de calquera dos membros computables da unidade familiar.
  • Por condición de vítima de terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar.
  • Criterio establecido polo centro: na Fundación Torre de Lemos ese criterio é "  ser familiar de antigos alumnos do centro". A maneira de xustificalo será a través da documentación arquivada no centro que confirme dito suposto.

 

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA A ENTREGAR NO CENTRO EDUCATIVO

 

Todas aquelas familias que desexen reservar praza no centro deberán achegar a seguinte documentación (orixinal ou compulsada):

      

  • Documentación acreditativa do requisito de idade e de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel ou etapa educativa  nos termos que recolle o Anexo II.
  • 2 fotos do alumno/a tamaño carnet.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia da tarxeta Sanitaria.
  • Fotocopia da cartilla de vacinas.
  • Fotocopia do DNI do neno/a se o tivera e dos pais.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO

 

O CPR. Plurilingüe FED. Torre de Lemos ofrece os seguintes servizos complementarios:

 

  • Comedor escolar.

 

Regulado na seguinte normativa:

Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería competente en materia de educación. (DOG 13/08/2013).

Orde 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellaría de Educación. (DOG 05/03/2007).

Instrucción anual da secretaría xeral técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar.

 

  • Transporte escolar.  

 

          Regulado pola seguinte normativa:                                                                               

Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos de transporte escolar e obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia (DOG 27/06/1988).  

Orde 15 de decembro de 1989 reguladora do transporte de escolares e obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia (DGA 09/01/1990). Corrección de erros DOG 01/03/1990).                                     

Instrucción anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar.

 

  • Actividades extraescolares.

 

Deportivas: fútbol, voleibol, atletismo, natación, patinaxe.

Artísticas: minichef, manualidades creativas.

Formativas: grupos de idiomas con profesorado nativo de inglés, preparación de exames de inglés Cambridge.

Actividades complementarias: visitas, excursións, participación en certames literarios, culturais, deportivos, etc, obras de teatro, contacontos, concursos, etc.

 

  • Apertura do centro fóra do horario lectivo pola mañá (custodia): desde as 8:00.

 

  • Escola de pais.

 

  • ANPA.

 

* Todos estes servizos e actividades teñen carácter voluntario para as familias e o seu fin non  será en ningún caso lucrativo debido á propia natureza do colexio como fundación sen ánimo de lucro.

 

 

CARÁCTER PROPIO DO CENTRO

 

        O CPR. Plurilingüe FED. Torre de Lemos é un centro de ensino concertado nos niveis de EI (3 unidades), EP (6 unidades) e ESO (4 unidades), de natureza laica e  dependente da Fundación Torre de Lemos,  entidade sen ánimo de lucro  constituída en abril de 2008.

        Destaca a natureza plurilingüe do colexio en EI e EP, ofrecendo ensino en inglés nas áreas de: Psicomotricidade, Expresión Corporal, Speaking, Tics e Expresión Plástica en EI, e  Educación Física, Plástica, Música e Danza en EP.

        Tamén aposta por un ensino combinado que integra a adquisición de coñecemento coa formación do alumno como persoa integrada nun contorno social plural e dinámico  no que as relacións humanas ocupan un lugar destacado.

 

 

PROXECTO EDUCATIVO

 

        Atópase a disposición de que desexe coñecelo nas instalacións do propio colexio (Secretaría e Dirección).