Venta de libros

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019/20. Descargar aquí.

 

Estimados pais/nais/titores:

O dispón  de servizo de venta de libros de texto en todos os niveis educativos (EI, EP e ESO). Para iso, os pais/nais que o desexen só teñen que cubrir o formulario de reserva que se xunta a este escrito e entregalo na Secretaría do colexio xunto coa cantidade de 30€ por alumno en concepto de reserva.

 

CONDICIÓNS DE VENTA DOS LIBROS DE TEXTO

 

1.    O prezo dos libros de texto adquiridos no colexio será o prezo recomendado de venta ao público polas editoriais.

2.    Aqueles alumnos que adquiran os libros no colexio, poderán beneficiarse dunha serie de vantaxes para eles e as súas familias que se expoñen a continuación:

·         Cada lote completo que se adquira irá acompañado da axenda escolar como agasallo do colexio.

·         Aplicarase un desconto do 5% a cada lote completo que se merque, independentemente do número de irmáns que sexan en cada caso.

Cando unha familia faga oficial a súa reserva de libros no colexio a través da firma do formulario que acompaña este escrito, adquire o compromiso de mercar os libros reservados. Se por calquera motivo non os quixera despois, perderá a cantidade entregada en concepto de depósito.

 

.   Aquelas familias que merquen os libros no colexio desfrutarán dun bono de gratuidade da aplicación de Educamos correspondente ao mes de setembro.

 

·         Esa cantidade de reserva será descontada do prezo final dos libros no momento de aboalos.

 

·         As familias poderán recoller os libros no colexio a partir do día 1 de setembro.

 

3.    O listado de libros de texto para o vindeiro curso escolar xunto coa tarifa de prezos de cada un, faranse públicos no mes de xuño en torno ao día 15.

 

  1. Como todos os anos, aquelas persoas que desexen mercar os libros de texto en calquera outro establecemento da localidade, poderán facelo solicitando o listado ao colexio.