- O Colexio
- Ven a coñecernos
- Oferta educativa
- Servizos
- Blogs
- Venta de libros
- EDUCAMOS
INNOVACIÓN NA ETAPA DE INFANTIL
1. INTELIXENCIAS MÚLTIPLES
Todos somos intelixentes, pero cada un de nós destaca máis nunha determinada parcela. Coñecer onde somos mellores axúdanos a enfrentarnos con maior éxito á vida.
Poñendo en práctica todas estas intelixencias iníciase un proceso de crecemento persoal que beneficia o desenvolvemento integral de cada neno e capacítao para o seu desenvolvemento na vida.
A integración das intelixencias múltiples no ámbito educativo:
- Aumenta considerablemente o interese do alumno por aprender.
- Incrementa notablemente a autoestima dos alumnos, ya que ninguén queda excluído.
- Desenvolve o traballo cooperativo, onde cada un aporta as súas mellores facetas.
- Constata que se pode incrementar a aprendizaxe hasta nun 40%.
2. PLAN DE INNOVACIÓN MATEMÁTICA
Os alumnos aprenden un mesmo concepto matemático de distintas maneiras proporcionadas por cada unha das oito intelixencias múltiples.
Hai que traballar as matemáticas dentro e fora da aula, proporcionando as ferramentas e extratexias necesarias para elo.
3. APRENDIZAXE DE IDIOMAS
No proceso de aprendizaxe das linguas desempeña un papel moi importante o momento no que se empeza. Por ese motivo os alumnos de Educación Infantil asisten todas as semanas a unha sesión en lingua extraneira (inglés) cun auxiliar de conversa nativo.
4. NOVAS TECNOLOXÍAS DENTRO DA AULA
Contamos com tres aulas Kidsmart.
Os obxectivos que se pretende acadar son:
- Estimular as competencias cognitivas e sociais dos nenos a través do uso da máis avanzada tecnoloxía.
- Familiarizarse progresivamente co uso do ordenador.
- Ampliar e reforzar aprendizaxes realizados dentro da aula comoa o razoamento matemático, a adquisición de vocabulario, establecer relacións ou a iniciación á linguaxe escrita.
5. PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE INFANTIL
Levado a cabo polos especialista em Audición e Linguaxe do centro, trátase dun programa de estimulación da linguaxe nos primeiros anos, dado que existe unha relación clara entre a linguaxe, a memória e a atención.
Baséase no traballo dos seguintes aspectos desde idades temperás:
- Discriminación auditiva.
- Relaxación, respiración e soplo.
- Praxias
- Fonética e fonoloxía.
- Morfosintaxe.
- Léxico-semántica.
- Habilidades comunicativas e metalingüísticas.
6. BITS DE INTELIXENCIA
Destinados a estimular as áreas cerebrais da vista e o oído.
7. TRABALLAMOS OS VALORES
Ir á escola non só significa aprender coñecemento, senón tamén normas, valores, maneiras de facer e ser: resolver conflictos, xestionar tensións, adquirir hábitos, respetar…