Por que Torre de Lemos
Coñeza a nosa historia, misión e visión.

A NOSA HISTORIA
Desde a súa fundación, o Colexio Torre de Lemos foi un piar na vida educativa de Monforte de Lemos e da súa comarca. Xeracións de familias confiaron no noso centro para a formación dos seus fillos/as.
Ao longo de case dúas décadas, soubemos evolucionar mantendo sempre a nosa esencia: unha educación de calidade, atenta a cada alumno/a e comprometida coas familias e coa comunidade.
AS ORIXES
1915
Fúndase unha institución relixiosa vinculada á orde das Calasancias a través da figura do seu fundador, o Pai Faustino Míguez, que se convertería no xerme, co paso dos anos, do actual colexio.
NACE A FUNDACIÓN TORRE DE LEMOS
2008
O 8 de abril constitúese en Monforte de Lemos a Fundación Educativa Torre de Lemos, unha entidade laica e sen ánimo de lucro que abre unha nova etapa tras case cen anos de historia do antigo colexio Divina Pastora.
UN PROXECTO CONSOLIDADO
2026
Hoxe, o Colexio Torre de Lemos segue a ofrecer unha educación concertada, segura e de calidade para alumnado de 3 a 16 anos, cun equipo educativo comprometido coa formación integral e cunha ampla oferta de servizos para acompañar ás familias.
A NOSA MISIÓN
O que facemos cada día
Ofrecer unha educación integral, rigurosa e personalizada, que prepare ao noso alumnado para afrontar os retos do futuro con competencia, responsabilidade e valores sólidos, nun entorno de confianza e proximidade coas familias.
VISIÓN
O que facemos cada día
Ser un centro educativo de referencia na comarca, recoñecido pola calidade do seu proxecto pedagóxico, a innovación, o acompañamento persoal e a formación de persoas íntegras, comprometidas e preparadas para a vida.
Quere coñecernos mellor?
Solicite información sobre o noso proceso de admisión e veña coñecer mellor o Colexio Torre de Lemos.
Solicita Información