
Esta semana, o alumnado de 1º ESO converteuse en auténtico detective do debuxo técnico. A misión en Tecnoloxía era descubrir os segredos das vistas: como se ve un obxecto de fronte (o alzado), desde arriba (a planta) e de lado (o perfil).
E fixémolo co ordenador! Adeus á goma de borrar gastada e ás liñas tortas 😅. Agora as nosas pezas quedan rectas, limpas e perfectas... ou case perfectas.
Descubrimos que un mesmo obxecto pode parecer moi distinto segundo desde onde o mires. Quen o diría: ata un simple cubo ten moito que contar!
Seguimos aprendendo... e debuxando! ✏️💻
Galería de Imágenes







