.png)
O alumnado de 3º de Educación Primaria realizou unha saída á Casa da Cultura para asistir a un espectáculo de maxia organizado pola biblioteca do noso centro.
A través de diferentes trucos, xogos e momentos sorprendentes, os nenos e nenas gozaron dunha experiencia chea de ilusión, diversión e participación. Pero, máis alá da maxia e do entretemento, o espectáculo tiña un fío condutor moi especial: a importancia da igualdade.
Deste xeito, a actividade permitiunos reflexionar sobre valores fundamentais como o respecto, a tolerancia, a igualdade de oportunidades e a importancia de aceptar e valorar as diferenzas. Porque a verdadeira maxia está en construír un mundo no que todas as persoas teñan o mesmo valor e as mesmas oportunidades.
Unha xornada diferente na que aprendemos que a maxia tamén pode transmitir grandes mensaxes.
Que ben o pasamos! ❤️
Galería de Imágenes





