
Con motivo da celebración do Samaín, o pavillón do noso colexio transformouse nun espazo cheo de maxia, misterio e moita diversión. Os nenos e nenas chegaron vestidos cos seus disfraces máis terroríficos, divertidos e orixinais, enchendo o centro de pantasmas, bruxas, monstros e personaxes sorprendentes.
Ao longo da xornada, todos e todas puideron gozar dunha festa moi especial na que a música, o baile e as risas foron os protagonistas. Foi unha ocasión perfecta para compartir momentos cos compañeiros e compañeiras, deixar voar a imaxinación e vivir o Samaín dun xeito diferente e moi divertido.
Sen dúbida, foi unha celebración chea de ilusión, alegría e espírito festivo que nos deixou momentos inesquecibles.
Que viva o Samaín! 🕸️🦇
Galería de Imágenes







