
Comezamos o curso con moita ilusión e coa nosa biblioteca escolar xa en funcionamento. Este ano, novamente, os encargados/as de dinamizala e mantela organizada son os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, que asumen esta responsabilidade con entusiasmo e compromiso.
Ao longo do curso, a biblioteca ofrecerá múltiples actividades para fomentar o gusto pola lectura, como o maratón lector, os clubs de lectura e outras propostas que nos permitirán descubrir novas historias, compartir opinións e gozar dos libros en compañía.
Ademais, o alumnado poderá dispoñer do seu carné de biblioteca e realizar préstamos de libros, que deberán ser devoltos nun prazo máximo de 15 días, para que outros compañeiros e compañeiras tamén poidan desfrutar deles.
Un dos alumnos/as encargados/as da biblioteca actuará como guía, esta figura está pensada para axudar a descubrir diferentes personalidades lectoras e atopar lecturas adaptadas aos gustos e intereses de cada alumno/a.
Queremos que a nosa biblioteca sexa moito máis ca un lugar cheo de libros: un espazo para imaxinar, aprender, compartir e vivir mil aventuras a través da lectura. ✨
Anímate a descubrir a túa próxima historia!