A Fundación

A Fundación Educativa Torre de Lemos é una Fundación de interese galego fundada o día 8 de abril de 2008 por 16 Mestres e a ANPA do Colexio Divina Pastora de Monforte que se rexerá pola Lei 12/2006 de 1 de decembro.
A Fundación ten por obxecto prestar servizos educativos e de promoción socio-cultural no concello de Monforte de Lemos, sempre sen ánimo de lucro, e o seu funcionamento rexerase polos seus Estatutos.
O órgano de goberno da Fundación é o seu Padroado, que na actualidade está composto por catro patróns:
- Dª Mª Esther Rodríguez Camino (Presidenta)
- Dª Cristina Méndez López (vicepresidenta)
- Dª María Vázquez Álvarez (Secretaria)
- Dª Hilda Ruíz Casanova